Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Convocadas para a Selección nacional as laranxas Ale e Peque

Por 2 Febreiro, 2021Febreiro 3rd, 2021Sin comentarios

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS Peque e Ale de Paz teñen por diante un novo reto internacional defendendo a España. A Selección incluíu, unha vez máis, a madrileña e a galega na súa lista de convocadas para medirse nun duelo de titáns fronte ao Brasil, os días 9 e 10 de febreiro, na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Para ambas as burelistas este será o terceiro chamamento de Clàudia Pons no que vai de tempada, aínda que a 7 mariñá non puido participar nos dous anteriores por problemas físicos.

Neste espectáculo entre as dúas grandes potencias do fútbol sala brillará o laranxa sen ningunha dúbida, cun total de 6 xogadoras do Pescados Rubén. Peque e Ale Paz mediranse a un combinado que contará tamén coa garra das Guerreiras representada por Jozi, Dany, Cami e Jane.

Ambas as seleccións concentraranse nas instalacións da Real Federación Española de Fútbol entre o 7 e o 11 de febreiro. Tanto o partido do martes 9 como o do mércores 10 arrincarán ás 21.00 horas e poderán seguirse en directo pola canle Teledeporte de RTVE.

EQUIPO MÉDICO

Giovana Julieta Tineo Rojas é a última incorporación na relación de profesionais que coida da saúde dos equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS. A doutora colaborará nas tarefas coordinadas polo xefe médico da entidade laranxa, Francisco Javier Fernández Couce, responsable ademais das medidas de Protocolo Covid-19.

Francisco Javier Fernández Couce, co apoio agora de Gio Tineo Rojas, e coa supervisión externa da clínica Maas+Saúde, fai seguimento dos xogadores e xogadoras laranxas para que afronten a competición nas mellores condicións, co traballo diario dos seus respectivos corpos técnico-médicos: os preparadores físicos Alfonso Mera e Pablo García,  os fisioterapeutas Tulio García e David Mariña, co reforzo de L2 Fisioterapia, o masaxista Xurxo Rodríguez, a enfermeira Natalia Fernández e as nutricionistas Cristina P. Rodil e Alba Vila, ademais do podólogo Miguel Ángel Murias.