Skip to main content
Lourenzá

Amplían o prazo para executar as obras do campo de adestramento de Lourenzá

Por 13 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno tamén aprobou este venres ampliar o prazo para a execución das obras do campo de fútbol de adestramento de Lourenzá, poñendo como data límite o 31 de maio.

As actuacións, financiadas con 255.000 euros pola Deputación, consisten na pavimentación da superficie do campo con céspede artificial para favorecer a práctica deportiva dos 100 rapaces que empregan estas instalacións a diario.