Skip to main content
Lourenzá

Acial Lourenzá xa ten os premios do concurso de Entroido

Por 25 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Asociación de empresarios de Lourenzá (Acial) xa ten gañadores do seu concurso de disfraces de Entroido e aínda está en curso outro sobre o domingo de piñata, no que se escollerá o vídeo coa mellor actuación, que recibirá un vale de 100 euros para gastar nos comercios da localidade. Aínda haberá tempo ata o venres para votar.

Mentres en disfraces, na categoría individual infantil o gañador foi Don Palillo, seguido de Elfo da Camelia e Tiburón. En parellas gañou Navegando un Soño, seguido de Espantallos amigos e A domadora e o leonciño. En grupo o gañador foi o dorsal co título Casi está o cocido, ao que seguiu Os monstros de cores.

En adulto o gañador foi Desdentado, ao que acompañaron Volvamos al país de las maravillas e Dama de papel laurentina. En parellas o ouro foi para A covid-19 acaba coa hostalaría, seguido de Cuadros de Picasso e Muñequitas juguetonas.

Finalmente, en grupo gañaron Os cabezudos de cartón, ademais de Os de Lourenzá e Tanto me ten single ladies.

Tamén houbo premio para o máis chistoso, que recaeu en Pancho Villa.