Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol investirá 400.000 euros en estradas rurais

Por 16 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol anunciou a disposición de 400.000 euros para a melloras de estradas en diferentes parroquias do termo municipal.

Debido á gran extensión do municipio e á gran cantidade de pistas e estradas que unen as trinta e dúas parroquias, o Concello de Friol comprométese “a seguir investindo na mellora das mesmas, xa que debido ás adversas condicións meteorolóxicas que ocorren con frecuencia, o tráfico diario e o paso do tempo afectan ao estado das estradas”.

Segundo explicou o alcalde, José Á. Santos, con estas obras “dun importante valor para a zona rural do Concello”, pretende mellorar as condicións tanto nos accesos aos núcleos de poboación como ás explotacións agrogandeiras, “e facilitarlle a vida aos veciños que debido á súa actividade gandeira teñen que utilizar estes accesos constantemente, o Concello está a facer importantes esforzos para levar a cabo as melloras necesarias en todas as parroquias”.

Nesta ocasión, o concello de Friol realiza un investimento a cargo do Plan único de 350.000 euros para optimizar as infraestruturas que máis o precisan. A esta cantidade hai que engadir uns 50.000€ que son os custes de redacción dos dous proxectos e a dirección de obra de ambos, financiados tamén desde o Concello con fondos propios. A lista de accesos incluídos no primeiro proxecto no que se pretende actuar son: na parroquia de Xiá a Souteiro, dende Carballo por Casanova e ata O Alto, desde Carballo ata os núcleos de Bernadal e Freiría, na parroquia de Ousá, preténdese actuar nos acesos o Portonovo, tamén na parroquia de Prado na entrada da Devesa e no parroquia de Villalvite nas entradas de Castrodá e Cerracín. O segundo proxecto inclúe actuar na parroquia de Condes nos accesos a Xulacasa, en O Pacio accesos e A Grela, a estrada que limita co Concello de Guntín, así como os accesos que comunican O Burgo e Pico co Centro Social da mesma parroquia.