Skip to main content
Palas de Rei

O mercado agroalimentario de Palas de Rei reabre o día 19

Por 17 Febreiro, 2021Sin comentarios

O mercado de produtos agroalimentarios de Palas de Rei volverá abrir o vindeiro venres, día 19.

Así o vén de anunciar o Concello, que toma esta decisión “ante a significativa reducción do número de casos activos da covid-19”. O alto número de contaxios rexistrados en semanas pasadas no municipio fora precisamente o que motivara a suspensión deste mercado.

O goberno local lembra a vendedores e consumidores que “se deben cumplir todas as normas sanitarias básicas, como uso da máscara, distancia social e lavado de mans”.