Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade escolle os gañadores do concurso de Entroido

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade ten xa a listaxe de gañadores do seu concurso de Entroido, que, como no resto de concellos, foi de xeito virtual pola situación sanitaria.

Así, en comparsas o primeiro premio foi para Os Brady ou Rabadenses polo mundo, seguidos de Peter Pan e Fondo Bikini.

En parellas, Rabapfizer, a vaciña anticovid encabezou a clasificación, seguida de Reciclemos e Surcando os mares.

En individuais, o triunfo foi para Esperanza, seguido de Sanitario contra a covid e A Porquiña marchosa.