Skip to main content

A covid pegou un importante frenazo na súa expansión pola provincia de Lugo  cun descenso tanto de casos activos como de novos contaxios. Así, hoxe son 511 casos activos, que son 80 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 40.

De feito, rexistráronse nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 22). Ademais, as altas chegaron ás 10.974, 88 en 24 horas, o día anterior foron 62.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.694 casos rexistrados e 20455 persoas falecidas, unha máis, unha muller de 87 anos no Hula.

A presión hospitalaria, pola contra, aumenta. Na UCI do Hula mantéñanse 13 ingresados, e en planta hai 30 enfermos (5 máis), 23 (4 máis) no hospital de Lugo, 3 na Mariña e 3 en Monforte (1 máis). O Polusa de Lugo segue cunha persoa ingresada.

POR COMARCAS

A Mariña

A Pontenova segue con 11 casos e en alerta media mentres a incidencia segue a disminuír con cinco concellos limpos de covid xa que Mondoñedo rexistrou algún caso.

  • A Pontenova continúa con 11 casos e en alerta media.
  • Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo e Alfoz están sen casos novos dende hai 15 días polo menos.

Terra Chá

Só quedan tres concellos por riba dos tres casos, Vilalba con 14, Guitiriz que está reducindo día a día pero aínda está en alerta máxima e Outeiro de Rei que ten 12. Aínda así Rábade e este último están en alerta media. Súmanse dous concellos á listaxe do que están limpos de covid.

  • Vilalba mantén os 14 casos de onte.
  • Guitiriz reduce 13 casos e queda en 47 pero segue en máxima alerta.
  • Outeiro de Rei mantén os 12 pero segue en alerta media malia ter unha incidencia inferior.
  • Rábade tamén está en alerta media malia ter menos de dez casos.
  • Pol, Abadín e Xermade e A Pastoriza continúan limpos de covid e agora súmanse Cospeito e Friol.
  • No veciño Concello das Pontes están en alerta media malia baixar 3 casos e quedar en 23. A incidencia tamén está por debaixo.

Centro da provincia

A Xunta mantén as alertas pero a incidencia está por baixo en todos os concellos e os casos á baixa.

  • Lugo reduce novamente 12 casos e queda en 188 en total.
  • O Corgo segue no estado de alerta media malia baixar xa dos 10 casos e ter unha incidencia por debaixo de 150.
  • A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes, Ribeira de Piquín, Monterroso, As Nogais, Portomarín e Antas de Ulla levan limpos varias semanas.

Comarca de Sarria

Sarria está por debaixo dos 10 casos ao igual que Láncara mentres en Samos, Triacastela, O Incio, Paradela e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Sen cambios para a comarca que mantén a Monforte, A Pobra de Brollón e Sober en alerta media malia ter menos de 10 casos os dous últimos e Morforte estar xa con valores fóra de alerta aínda que hoxe contabiliza dous casos máis.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 40 casos, 6 menos e lle correspondería entrar en nivel 3.
  • Sober e A Pobra de Brollón, malia estar por debaixo de dez casos, seguen en alerta media, o primeiro debería estar en alerta 3 e o segundo en alerta media polos niveis de incidencia.
  • Bóveda, Folgoso do Courel, Carballedo e Ribas do Sil seguen sen casos dende hai máis de 15 días e agora súmase Quiroga.