Skip to main content
Chantada

Adaptan os horarios do transporte no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada

Por 10 Febreiro, 2021Febreiro 12th, 2021Sin comentarios

A Xunta de Galicia adapta, desde a xornada deste mércores, os horarios de dúas liñas de transporte para atender ás peticións de pais, nais e profesores dos alumnos do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada.

En setembro, e por motivos relacionados coa prevención da covid-19, o colexio chantadino decidía cambiar o seu horario para pasar a xornada continua, o que foi aceptado pola comunidade educativa. Pero o problema xurdiu ao non se modificaren tamén os horarios do transporte escolar.

Os familiares dos escolares queixábanse de que, mentras os nenos e nenas que residen na propia vila podían ir ás súas casas ás 15.00 horas ao rematar as clases, os que precisaban facer uso do transporte tiñan que agardar ata as 16.00 horas para saír do centro. Ante esa situación, en outubro presentaban un escrito ante a Xefatura Territorial de Mobilidade reclamando a adaptación dos  horarios dos buses escolares.

Este martes, o delegado territorial da Xunta en Lugo informaba de que, cando a Xunta tivo coñecemento desta situación e unha vez falado coa directora do CEIP Xoán de Requeixo, tomouse a decisión de cambiar o horario dalgunhas das liñas de autobús.

Así, desde hoxe mesmo, a saída da totalidade dos alumnos do CEIP Xoán de Requeixo poderase facer desde as 15.15 horas, de forma graduada.