Skip to main content
Monforte

Pechan unha semana a Casa da Cultura e a Biblioteca de Monforte

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte vén de informar de que tanto a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro como a Biblioteca Municipal permanecerán pechadas desde o luns 22 ata o venres 26 de febreiro.

O motivo do peche é a realización das obras de reforma do cableado e mellora da instalación de acceso á internet que se levarán a cabo durante os referidos días nesas instalacións municipais.