Skip to main content
Monforte

Monforte corta o subministro de auga na rúa Escultor Francisco Moure por avarías

Por 24 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte vén de informar de cortes de auga na rúa Escultor Francisco Moure e na zona da Compañía. A interrupción do subministro débese aos traballos que se están a levar a cabo para reparar dúas avarías detectadas na rede municipal.

En concreto, en Escultor Francisco Moure a avaría afecta entre o paso a nivel e o bar Cristal, e na zona da Compañía o corte prodúcese entre o local nº 2 e ata Electrodomésticos Raúl.

Desde o Concello piden desculpas polas molestias que o corte poida ocasionar aos veciños e veciñas, e agardan reparar as avarías o antes posible para que o subministro quede restablecido.