Skip to main content
O Páramo

Sen feiras no Páramo ata novo aviso

Por 6 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello do Páramo vén de suspender, ata novo aviso, as feiras, que se celebran tradicionalmente os días 10 e 25 de cada mes.

A través dun bando, o alcalde do municipio, José Luis López, facía pública a decisión, motivada pola actual situación sanitaria.

Desde o Concello pídeselle á poboación que lembre adoptar “todas as medidas de protección establecidas polos organismos oficiais” na loita contra a propagación da covid-19.