Skip to main content
SamosTriacastela

Inician os traballos de roza e limpeza da LU-633 en Samos e Triacastela

Por 1 Febreiro, 2021Febreiro 8th, 2021Sin comentarios

Esta semana prevese que den comezo os traballos de roza e limpeza na estrada LU-633 ao seu paso polos concellos de Samos e Triacastela.

Os traballos centraranse especialmente na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación dos lumes forestais. Tamén se acometerán rozas nas marxes do vial para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, e procederase ao acondicionamento das zonas verdes e sendas peonís para que estean en condicións axeitadas.

O obxectivo destas actuacións é potenciar o efecto cortalumes das estradas, aumentar a seguridade viaria dotando aos viais dunha maior visibilidade, e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Sega, está a levar a cabo tarefas de acondicionamento coma estas que agora se acometarán en Samos e Triacastela nas franxas de dominio público das vías de titularidade autonómica das catro provincias.