Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro votará no Pleno o plan contra incendios forestais

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios

O Goberno do Valadouro presentará o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais no próximo pleno ordinario que se celebrara o vindeiro xoves día 4 ás 20:00 horas de xeito telemático sendo retransmitido pola canle municipal de YouTube.

A Lei 3/2007,do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estrutura o planeamento de defensa do espazo rural fronte aos incendios forestais, en varios niveis: galego, de distrito, municipal e inframunicipal. No seu artigo 7 atribúe a competencia dos concellos de elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais.

O obxectivo principal do Plan Municipal de Prevención é a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas.

O documento recolle, por tanto, as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación actual, e establece unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación a realizar para acadar os obxectivos propostos.

Se a votación é favorable dito plan someterase a exposición publica durante 20 días, amosando a relación de parcelas afectadas. Nese listado pódense consultar as referencias catastrais, a superficie total e a superficie de afección de cada una das parcelas. Estas están agrupadas polo número de plano no que aparecen representadas graficamente. Dita relación poderá verse afectada pola modificación do parcelario ou por correccións ou actualizacións do presente Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.