Skip to main content
O Valadouro

Convocado o concurso de zocas do Valadouro

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

Debido á decisión de non celebrar de forma presencial no Valadouro o tradicional Mercado de Primavera, o Concello vén de convocar un concurso de zocas para o que xa está aberto o prazo de participación e que ten como obxectivo decoras as súas zocas da maneira máis orixinal posible.

Haberá dúas categorías, unha infantil para nenos de ata 12 anos incluídos e unha de adultos para o resto. Cada unha das categorías terá 4 premios de 200 €, 100 €, 50 €, e 30 €, respectivamente aos catro primeiros postos. Os premios serán para gastar única e exclusivamente no comercio local e hostalería local do Valadouro.

Para participar todos @os que o desexen, terán que subir unha foto as redes sociais, Facebook ou Instagram, poñendo o texto na publicación Concurso de Zocas, concurso e categoría, e se non é o que vai participar o nome da persoa que participa. Deberá levar o cancello #MercadoPrimavera21. Ademais deberá etiquetar ao concello Facebook Concello do Valadouro. Instagram @concellodovaladouro.

O prazo de presentación, que está aberto remata o 25 de marzo de 2021 as 23:59 horas. O fallo do xurado publicarase nas redes sociais do Concello o sábado día 27 de marzo as 19:00 horas.

Na categoría infantil e nos menores de idade, ou que por defecto non teñan redes sociais, poden subir a foto nas redes dos pais, nais ou familiares.