Skip to main content
Viveiro

O comercio de Viveiro inicia hoxe unha fin de semana de liquidación

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

O Centro Comercial Histórico de Viveiro arrinca hoxe a campaña Fóra Stocks co obxectivo de impulsar as compras no comercio local. A iniciativa desenvolverase dende hoxe ata o sábado 6, coa participación de 36 negocios que liquidarán o seu stock de tempada con grandes descontos, que chegarán nalgún caso ata o 70%.

Con esta campaña, na que participan uns 35 comercios da localidade, darase por finalizada a tempada de rebaixas cunha gran fin de semana de festa das compras.