Skip to main content
Viveiro

O Comercio de Viveiro fará un sorteo polo Día do Pai

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O Centro Comercial Histórico de Viveiro continúa cunha nova campaña tras finalizar a de Stock. Nesta ocasión será a do Día do Pai, na que repartirán dez premios cun valor total de 1.500 euros.

Estes premios consistirán en cinco caixas sorpresas Experience comercio local e outras cinco Experience gastronomía local. Dentro das caixas haberá un premio valorado en 150 euros cada unha. As sorpresas do comercio estarán compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ao CCHV, mentres que as gastronómicas consistirán nunha experiencia en familia en calquera dos negocios de hostalería asociado. E son sorpresa porque os gañadores non coñecen o contido da caixa.

Os clientes interesados en participar terán que facelo depositando un billete de compra dun mínimo de 20 euros nas urnas habilitadas nos negocios adscritos ao CCHV, permitíndose tamén a acumulación de varios billetes ata alcanzar esa cantidade.

Serán válidas aquelas compras realizadas ata o 18 de marzo e o sorteo será o 23 deste mes.