Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Ribadeo unha carreira virtual de apoio á Asociación contra o Cancro

Por 20 Marzo, 2021Marzo 28th, 2021Sin comentarios

Acisa Ribadeo colabora de novo coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro na difusión da carreira virtual En Marcha, que se celebrará o 28 de marzo. O colectivo empresarial anima á cidadanía para participar.

Trátase dunha cita virtual que se realiza a nivel nacional. O prezo da inscrición son 5,35 euros, e as persoas que se inscriban deben de poñer o código postal pata destinar os fondos obtidos á provincia á que corresponda. Participar é moi sinxelo só hai que inscribirse en inscripcionesenmarcha.aecc.es ou escaneando o QR dos carteis. Unha vez inscritos deben descargarse a app Rockthesportvirtal valido tanto para IOS como para Android.

Se se quere colaborar un pouco máis pode adquirirse xunto coa inscrición unha camiseta sendo así a colaboración de 21,86 euros; ou comprar o Pack “en marcha” que consiste nunha camiseta, unha máscara running, turbante e un dorsal físico personalizado, por 31 euros.