Skip to main content
Cervantes

Piornedo Anda propón un novo roteiro para o domingo

Por 22 Marzo, 2021Sin comentarios

Piornedo Anda segue coa súa programación de roteiros de carácter etnográfico e fai unha nova proposta para a vindeira fin de semana. O colectivo percorrerá a ‘Ruta da Moura’ o domingo, día 28.

Como é habitual, a saída será ás 10.00 horas na palloza museo Casa do Sesto, desde onde se iniciará un percorrido dunhas tres horas de duración.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que contará con explicacións da man de guías nativas sobre os usos e costumes tradicionais da montaña lucense, poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 ou 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de catro euros por persoa, e desde Piornedo Anda recomendan aos participantes levar pantalón longo e botas.