Skip to main content
Lugo

A Audiencia Provincial condena a Liñares a cinco anos de prisión por suborno

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

A Audiencia Provincial de Lugo emitiu este mércores a sentenza na que condena ao expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e exconcelleiro en Lugo, Francisco Fernández Liñares, a cinco anos de prisión por un delito de suborno.

O tribunal imponlle ademais vinte anos de inhabilitación para exercer cargos públicos, como autor doutro delito continuado de prevaricación, así como pagar unha multa de 7.200 euros.

Xunto a Fernández Liñares, no banco dos acusados sentáranse outros nove empresarios, case todos condenados despois de chegar a un acordo coa Fiscalía. Só un foi absolto dos delitos que se lle imputaban.