Skip to main content
Lugo

Gatos Roxos denuncia o estado intransitable de dúas rúas do barrio das Gándaras

Por 27 Marzo, 2021Sin comentarios

A asociación Gatos Roxos denuncia o estado dalgunhas rúas do barrio das Gándaras, en Lugo. Refírense especialmente ás rúas da Rola e Papo Rubio, onde aseguran que hai numerosas fochancas que fan os viais practicamente “intransitables”.

O colectivo veciñal asegura que levan moito tempo agardando por actuacións nestes viais e insta ao Concello a contratar as repavimentacións prometidas.