Skip to main content
Navia de Suarna

O PP de Navia esixe explicacións polos “cortes continuos” no subministro da auga

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O PP de Navia de Suarna denuncia cortes “continuos” no subministro da auga no municipio. Aseguran que a construción dun novo sistema de captación, na que o Concello investiu máis de 100.000 euros, non solucionou os problemas “senón que estamos igual ou peor que antes”.

“Levamos un inverno abondoso polo que os cortes non son por sequía. Este martes e mércores pola mañá nin nos puidemos duchar”, aseguran.

Os populares pídenlle ao goberno local explicacións sobre a nova traída da auga, “xa que estamos a falar dunha inversión o suficientemente relevante como para garantir o subministro” e esixen que “busquen unha solución”.

Aseguran que tampouco se eliminaron os problemas de turbidez, que “seguen sendo recorrentes”. Esta situación, din, está a provocar “serios problemas” aos veciños e veciñas, e tamén aos hostaleiros da localidade “que non teñen forma de cociñar nin de lavar os alimentos”.