Skip to main content

A Uned amplía o seu segundo período de matrícula ata o 15 de marzo para todas as materias do segundo cuadrimestre dos estudos de grao, microgrado e a maioría dos máster oficiais. Esta opción diríxese a estudantes non matriculados anteriormente e a quen queira ampliar materias.

Quen desexe participar na proba libre de acceso á universidade para maiores de 25 ó 45 anos, o prazo de matrícula será tamén ata o 15 de marzo. Nesta convocatoria só se admite a modalidade de pago único.

O obxectivo da Uned é flexibilizar todos os prazos para permitir que os estudantes encaixen as súas probas e avaliacións ás súas condicións individuais de vida laboral e persoal.

Dentro da ampla gama de opcións de formación superior que ofrece a Uned é preciso revisar a normativa específica de determinados estudos que incorporan anexos ou excepcións, como, por exemplo, o grao e TFG de Psicoloxía, que permite a matrícula cando se precisa un pequeno número de créditos para completar o Plan de Estudos e alcanzar a titulación.

Para a maior parte de oferta de másteres rexe a norma xeral e nos TFM tutelados é preciso un acordo co coordinador ou coordinadora dos seus estudos. Non se admitirán solicitudes de matrícula nas materias de carácter anual nin nas prácticas curriculares.

Tampouco se admite, nesta convocatoria, o pago fraccionado da matrícula.

A Uned é a maior universidade de España coas súas máis de 200.000 matrículas de media nos últimos anos e co maior campus de Europa, con 61 sedes distribuídas por toda a península e as illas e 15 sedes internacionais situadas en catro dos 5 continentes. A súa metodoloxía combinada de formación en liña e semipresencial dótaa de valores engadidos en innovación, calidade e capacidade de adaptación da súa oferta ás necesidades dos e as estudantes.