Skip to main content
Chantada

O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición ‘A manchas ou a raias?’

Por 15 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición ‘¿A manchas ou a raias?’ da ilustradora Estefanía Padullés.

A mostra recolle as ilustracións orixinais e mailo texto do conto que leva o mesmo título, da ilustradora e bióloga catalana asentada en Paradela.

A historia ‘A manchas ou a raias?’ fai fincapé na importancia de respetar a diferenza e de non prexuzgar a ninguén. Faino a través da historia de Leo e Gresa, un leopardo e unha tigresa, que deben vencer os seus medos para aprender o valor da diferenza.

As súas ilustracións trasládannos a unha selva que a autora describe á perfección, con estampas cheas de color nas que predominan os lilas e os ocres, moi chamativas para os máis pequenos e que estimulan a imaxinación.

A exposición pode visitarse no Espazo Xove de Chantada ata o vindeiro 9 de abril.