Skip to main content
CospeitoDeportes TERRACHÁXA

A Quedada Lagoa de Cospeito será o 11 de setembro

Por 13 Marzo, 2021Sin comentarios

O grupo BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 11 de setembro a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar o ano pasado debido á pandemia do coronavirus.

Quedou mal sabor de boca non poder celebralo xa que as primeiras edicións tiveron unha gran aceptación por parte dos deportistas, que fixeron un percorrido por carballeiras e camiños de varias parroquias do concello, incluindo tamén sendeiros pola beira do río Támoga.

O trazado aínda está en proceso de definirse e o prazo de inscrición aínda non está aberto pero o  obxectivo é fixar esa data no calendario.