Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo revés ao control do virus na xornada de ampliación de horarios na hostalaría

Por 19 Marzo, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Os novos contaxios ascenderon nas últimas horas de formar significativa e volven ofrecen un balance de falta de control do virus.

A provincia rexistrou 5 casos activos máis de covid, o que sitúa o dato en 210. Na xornada anterior o decrecemento foi de 5.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 25 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.504, 19 en 24 horas, o día anterior foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.930 casos rexistrados e 211 persoas falecidas, unha máis que onte, unha muller de 79 anos ingresada no Hula.

A presión hospitalaria mantense esta xornada. Na UCI do Hula hai un paciente menos, 4 en total, e en planta son 15 enfermos, 9 no hospital de Lugo, 2  en Burela, 3 en Monforte e 1 no Polusa.

Hoxe entra o novo sistema de alerta establecido en 4 niveis:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes. Está nela Paradela.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Están Chantada, Guitiriz, Sober e Pantón.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña

Riotorto sae da zona libre de virus e no resto mantense estable.

  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
  • Na última semana tampouco tivo Lourenzá.

Terra Chá

A comarca mantén unha incidencia mínima en Xermade, Castro, Outeiro, Begonte, Friol, Guitiriz e Vilalba.

  • Guitiriz segue por debaixo de dez casos pero en alerta media.
  • No veciño Concello das Pontes están en 14 casos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.

Centro da provincia

Lugo volve subir, esta vez catro casos máis e Castroverde volve ter positivos con incidencia en niveis de alerta media. No resto de concellos, sen cambios.

  • Lugo queda en 34 casos, 4 máis.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla.
  • Sen casos os últimos 7 están Baleira e Guntín.

Comarca de Sarria

Paradela prolongará o estado de alerta máxima pero certifica unha semana sen positivos e xa está por debaixo dos dez casos en 15 días. Samos e Láncara segue por debaixo de dez casos pero con incidencia de nivel medio no primeiro. Sarria continúa estable.

  • Paradela rebaixa dos dez casos e seguirá en máxima alerta malia no ter casos novos na última semana.
  • O gromo de Sarria mantén os 19 casos de onte.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.

Ribeira Sacra

Chantada, Sober e Pantón estarán nun nivel medio de alerta. Monforte redece un caso e Taboada, que onte levaba 7 días sen virus, volve rexistrar positivos.

  • Monforte ten hoxe 26 casos, 1 menos.
  • Chantada segue con 11.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días está Bóveda.