Skip to main content
Uncategorized @gl

O virus rebaixa a incidencia en toda a provincia

Por 23 Marzo, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A covid-19 segue retrocedendo na provincia con 188 casos activos, 5 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi tamén de 5.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 2 casos novos (onte foi 1). Ademais, as altas chegaron ás 11.556, 8 en 24 horas, o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.960 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa a lenta redución. Na UCI do Hula hai 3 persoas ingresadas, e en planta son 9 os enfermos (2 menos), 8 no hospital de Lugo (1 menos), 1 en Burela (1 menos) e Monforte segue libre de enfermos.

POR COMARCAS

A Mariña

Xornada sen cambios. Incidencia mínima en Viveiro, Burela, Riotorto e Xove.

  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
  • Na última semana tampouco tiveron Lourenzá e Ribadeo.

Terra Chá

A comarca mantén unha incidencia mínima en Outeiro, Friol e Vilalba. Xermade tamén suma unha semana sen novos positivos.

  • Guitiriz segue por debaixo de dez casos e sen positivos na última semana. Segue en alerta media.
  • No veciño Concello das Pontes están en 11 casos, 1 menos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
  • Begonte e Castro de Rei sen casos novos na última semana. Únese tamén Xermade.

Centro da provincia

A comarca mantén a incidencia de casos estable e sen cambios.

  • Lugo suma un caso e queda en 33 positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín.
  • Sen casos os últimos 7 están Palas e O Corgo.

Comarca de Sarria

A situación segue mellorando na comarca con Paradela cos valores de incidencia normais.

  • Paradela segue en máxima alerta pero xa con niveis normais.
  • Sarria segue con 20 casos.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • Samos e Láncara xa levan unha semana sen novos positivos.

Ribeira Sacra

Pantón, Sober e Chantada teñen valores normais malia estar en zona de alerta media. O Saviñao é ao revés xa que sobe a incidencia.

  • Monforte ten hoxe 29 casos, 3 menos.
  • O Saviñao malia ter menos de 10 casos está con incidencia de nivel medio.
  • Pantón está por debaixo dos dez casos e a incidencia segue por debaixo dos valores de alerta media.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días están Bóveda, A Pobra de Brollón e Sober.