Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia reduce casos de novo na xornada de cambio de alertas

Por 26 Marzo, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A covid-19 recupera a senda do descenso con 177 casos activos este venres, nesta ocasión son 8 menos. Na xornada anterior foron 3 máis.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 4 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.591, 13 en 24 horas, o día anterior foron 11.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.984 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria diminúe en 2 persoas. Na UCI do Hula hai 3 ingresados (1 máis) mentres en planta son 8 os enfermos (3 menos), 5 no hospital de Lugo (4 menos), 1 en Burela e 2 en Monforte (1 máis).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña

En Riotorto a incidencia segue elevada pero Viveiro e Xove suman xa unha semana sen casos.

  • Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova e Lourenzá.
  • Na última semana tampouco tivo Ribadeo e únense Viveiro e Xove.
  • Preocupa a situación en Riotorto, que segue por debaixo de dez casos pero cunha incidencia de nivel de alerta media.

Terra Chá

A incidencia continúa baixando tanto na comerca como nas Pontes practicamente sen casos novos.

  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
  • Castro de Rei, Xermade, Vilalba e Guitiriz están sen casos novos na última semana. Únese Friol.

Centro da provincia

A comarca mantén a incidencia á baixa. Só sobe, lixeiramente, en Lugo mentres Castroverde suma 7 días sen covid.

  • Lugo sobe 2 casos e queda en 31 positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín.
  • Sen casos os últimos 7 están Palas, O Corgo e Antas de Ulla. Únese Castroverde.

Comarca de Sarria

Mellora a situación na comarca, con baixón de casos en Sarria, agás en Samos, que ten alta a incidencia.

  • Sarria rebaixa 5 casos e queda en 10.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • Samos ten unha incidencia de nivel medio malia non estar en alerta.

Ribeira Sacra

Taboada e Quiroga suman 7 días sen casos covid mentres o virus continúa estabilizado, agás no Saviñao, en alerta alta, e Pantón e Sober, en media.

  • Monforte mantén hoxe 28 casos.
  • O Saviñao entra en alerta alta pola incidencia aínda que con valores de alerta media e por debaixo dos dez casos.
  • Pantón e Sober seguirán en alerta media pola súa incidencia.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Bóveda.
  • Sen casos nos últimos sete días están A Pobra de Brollón e Chantada. Únense Taboada e Quiroga.