Skip to main content
Foz

O PP asegura que a Xunta xa iniciou a licitación da dragaxe do porto Chico

Por 8 Abril, 2021Sin comentarios

O deputado do Grupo Popular Daniel Vega afirmou que a Xunta “xa iniciou o pasado mes de xuño o expediente de licitación da redacción de estudos ambientais e proxectos de dragaxe de varios portos galegos, entre os que figura a reestruturación do porto deportivo de Tupide en Foz”.

Daniel Vega explicou que “todas as actuación encamiñadas a mellorar as instalacións de dragaxe da canle e abrigo do porto de Foz están condicionadas por unha gran repercusión medioambiental, xa que a zona é Rede Natura”. Deste xeito, explicou que “a tramitación faise máis complexa, xa que interveñen distintas administracións ás que é necesario a tramitación de diversos expedientes e documentos”.

Na súa intervención, Vega salientou o compromiso da Xunta co porto de Foz, no que xa leva investidos máis de 1,5 millóns de euros e reiterou a vontade do Goberno galego de seguir investindo conforme aos estudos agora en licitación.