Skip to main content
O Valadouro

Última semana para solicitar praza na escola infantil do Valadouro

Por 5 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas escolas infantís de rede A galiña azul. O tempo que para efectuar a solicitude prolongarase ata o día 12.

As solicitudes de novo ingreso (procedemento código BS402A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.