Skip to main content
Viveiro

O CCH de Viveiro puxo en marcha unha nova campaña polo Día da Nai

Por 21 Abril, 2021Sin comentarios

O Centro Comercial Histórico de Viveiro puxo en marcha unha nova campaña polo Día da Nai coa que sorteará dez caixas sorpresa.

Estas caixas, están divididas en 5 caixas de Experience Comercio Local, que están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ó CCHV., e 5 de Experience Gastronomía Local, que conteñen unha experiencia gastronómica en familia en calquera dos negocios de hostalaría asociados.

O valor de cada caixa é de 150 euros e terán un prazo de caducidade que remata o 31 de decembro do 2021.

En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 20 euros, cós datos de contacto no reverso do tícket. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20 euros e a data dos tíckets de compra poderá ser dende o martes 20 de abril ó sábado 1 de maio.

O sorteo realizarase o martes 4 de maio ás 16.00 horas nas oficinas da Asociación e no caso de que o gañador non apareza trala súa comunicación procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador. Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.