Skip to main content
Axenda Caducada

Volve este sábado a feira da Pastoriza

Por 30 Abril, 2021Maio 1st, 2021Sin comentarios

Despois do parón debido á pandemia do coronavirus, a asociación de comerciantes e empresarios da Pastoriza retoma este sábado a celebración da súa feira mensual, que ten lugar o primeiro sábado de cada mes.

Así, este día 1 volverá celebrarse a Feira. Haberá comercio de calzado, roupa, produtos para o campo, churrería, peixe fresco, etc, ademais de polbo para comer alí ou para levar para a casa.

A organización lembra que en todo momento deberán cumprirse as normas sanitarias.