Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde inicia o proceso para cubrir unha praza de administrativo

Por 14 Abril, 2021Sin comentarios

Hoxe, mércores, abre o prazo de presentación de solicitudes para optar a unha praza de administrativo no Concello de Castroverde, polo sistema de oposición libre.

Trátase dunha praza, que se atopa vacante no cadro de persoal, integrada no grupo C, subgrupo C1, da escala administrativa, e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e coas complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deben presentar as súas solicitudes no prazo de 20 días naturais, que empezan a contar hoxe, no rexistro xeral do Concello de Castroverde.

As bases íntegras da convocatoria poden consultarse na sede electrónica municipal, no taboleiro de anuncios e no Boletín Oficial da Provincial do pasado 5 de abril.