Skip to main content
Lugo

Os traballos de peonalización de Quiroga Ballesteros, na fase final

Por 9 Abril, 2021Sin comentarios

Rubén Arroxo comprobou o avance dos traballos

Os traballos de peatonalización da rúa Quiroga Ballesteros, en Lugo, entraron na súa fase final, segundo confirmou hoxe o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, quen salientou que, unha vez finalizada esta actuación, “a práctica totalidade do casco histórico estará humanizado e convertido en espazo peonil”.

Rubén Arroxo agradeceu a colaboración “tanto da veciñanza como das comerciantes da zona polas molestias que ocasionan as actuacións deste tamaño”, e destacou “a disposición da empresa e das traballadoras e traballadores para realizar esta actuación co mellor ritmo posible, tratando de reducir ao máximo as molestias ocasionadas”.

Os traballos que se están a executar inclúen a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil.

RECATELO

Esta mesma semana aprobouse tamén o procedemento de licitación da peonalización de dúas rúas no barrio de Recatelo. O proxecto, asegurou Arroxo, “mellorará a imaxe dun barrio histórico, e converterao nunha zona de paseo importante unindo a contorna do Parque de Rosalía coa Muralla e o casco histórico”.