Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Marcos Pascual do Biosbardo, bronce no Trail Laxe dos Bolos

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

Unha fin de semana máis o C.D. Biosbardo estivo en plena competición con diversas probas de nivel, desde Cantabria a Galicia. En Caldas de Reis, o club estivo presente no Trail Laxe dos Bolos, proba puntuable para o ranking galego de trail running que congregaba a gran parte dos mellores atletas da modalidade cun trazado moi duro de 27 km e 1520 metros de ascenso positivos.

Marcos Pascual facíase co bronce absoluto, ocupando así o terceiro chanzo do podio nunha carreira moi igualada, entrando os primeiros clasificados nunha marxe de escasos 15 segundos o que foi mostra da competitividade amosada

As medallas quedaban na casa, xa que o seu irmán Fran Pascual facíase co subcampionato na categoría Master. Pola súa banda, na proba de El Pendo, onde Adel Mechaal batía o récord do circuíto tamén tiveron mellor marca persoal da man de José Vázquez Mourín.