Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXADeportes RIBEIRASACRAXA

Preto de 200 deportistas participarán esta fin de semana na Volta a Lugo Master 2021

Por 9 Abril, 2021Abril 10th, 2021Sin comentarios

Todo en marcha para a celebración, mañá e o domingo, da sexta edición da Volta a Lugo Master 2021. O Club Ciclista Chantadino organiza esta competición, na que se inscribiron 173 deportistas, moi preto dos 200 máximos permitidos.

A proba, que conta co patrocinio dos Concellos do Saviñao, Chantada, Taboada e Monterroso, está reservada para ciclistas con licenza federativa expedida por unha federación de ciclismo e disputarase para as categorías Master 30, Master 40 e Master 50/60.

O percorrido da Volta a Lugo Master 2021 constará de dúas etapas en liña e unha contrarreloxo individual.

  • A primeira etapa desenvolverase mañá sábado, día 10. Sairá ás 11.00 horas desde Escairón e percorrerá 75 quilómetros.
  • Xa pola tarde disputarase a segunda etapa, con saída ás 16.45 horas tamén en Escairón. Será unha contrarreloxo individual de oito quilómetros.
  • A terceira e última etapa terá lugar o domingo, día 11, con saída ás 10.45 horas en Chantada. O percorrido será de 70 quilómetros.

A proba rexerase polo sistema de clasificación por tempos, contabilizando para a clasificación xeral final a suma dos tempos investidos nas tres etapas.

O Club Ciclista Chantadino lembra que, para poder recoller os seus dorsais, os deportistas inscritos teñen que presentar un certificado dunha proba covid-19 negativa, de vacinación ou de ter superado a enfermidade.