Skip to main content
Chantada

Chantada entra en alerta media por covid por un gromo

Por 23 Abril, 2021Abril 25th, 2021Sin comentarios

Debido ao gromo detectado en Chantada, este Concello entrará o luns en alerta media, xa que en un principio estímase que haberá unha vintena de afectados polo virus.

A maior parte dos contaxios derivan da celebración dunha festa entre a mocidade da vila. Durante a xornada de hoxe realizouse un cribado do que se saberán os resultados durante a fin de semana.

Xunto a Chantada seguirán en alerta media Barreiros e Trabada, que diminuiron durante estes días a súa incidencia.

Meira, pola contra, seguirá en alerta alta.