Skip to main content
Samos

O Concello de Samos mellorará seis camiños municipais

Por 26 Abril, 2021Abril 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos vén de comunicar que dedicará os preto de 280.000 euros do Plan Único da Deputación a pavimentación e mellora de seis camiños municipais, entre eles o que une A Brea ata O Mesón; o de Estraxiz, Vilameá e a contorna do colexio; o que comunica Lusío e Toca, e os de os núcleos de Montán, Vila do Castro e San Cristovo de Lóuzara.

Ademais, das melloras en camiños vanse utilizar parte de este montante na construcción dun muro na praza de Vigo do Real, o cal será de mapostería e soleira de formigón.