Skip to main content
Samos

Roxofrei, en Samos, pon en valor a olaría

Por 21 Abril, 2024Abril 22nd, 2024Sin comentarios

A deputada no parlamento galego, Olalla Rodil, acudiu ás actividades realizadas en Roxofrei, en Samos, con motivo do programa “Conciencia dunha tradición”, acompañando á alcaldesa de Samos, María Jesús López, ao vicepresidente da Deputación, Efrén Castro así como a representantes do Bng de Samos.

Este programa trata de por en valor a olería da nosa provincia, con actividades en Bonxe, Samos, Guindivos e Mondoñedo, onde a olería tivo gran valor na economía desas zonas. Actividades impulsadas pola asociación cerámica galega Canaveira en colaboración coa USC e distintas entidades que apoian estas actividades.

Olalla Rodil fixo fincapé “no importante que foi o sector oleiro e artesanal para a nosa provincia” e na “importancia de que se dea a coñecer estes traballos a través de xornadas coma esta de divulgación”.