Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Abre o prazo para inscribirse na Samurai Xtreme Race das Pontes

Por 5 Abril, 2021Sin comentarios

O Lago das Pontes acollerá, o domingo 4 de xullo, a quinta edición da carreira de obstáculos, Samurai Xtreme Race na que, debido á covid, haberá limitación de participación.

A proba, considerada como carreira de obstáculos extrema, desenvolverase, na súa totalidade, na contorna do lago. Ten una distancia máxima de 9 quilómetros e inclúe máis 42 obstáculos, tanto naturais como artificiais, tales como valos, bidóns, charcos, paso sobre pirámides de madeira, muros, tobogán, aramados, escaleiras, trincheiras de barro, lume, arrastres ou monkey bars.

Nesta ocasión haberá oito tandas limitadas cada unha a 100 persoas que abarcarán as categorías élite Octra, élite Samurai e popular. Os recorridos oscilarán entre os 7 e os 9 quilómetros e os 40 e 47 obstáculos.

Os interesados poden informarse ou inscribirse, en individual ou por equipos, en www.samuraixtremrace.es ou en www.championchipnorte.com, onde se pode consultar todo o regulamento. Haberá premios para os tres primeiros corredores e equipos e os mellores pontés e pontesa.

Previamente, o día 3, ás 20.00 horas haberá un briefing con voluntarios e corredores.