Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acollerá a I Edición do Campus KingTela

Por 16 Abril, 2021Sin comentarios

Do 4 ao 11 de xullo de 2021, Mosteiro no concello de Pol, acollerá a I Edición de Campus KingTela.

Unha semana repleta de moito baloncesto, un equipo técnico de primeiro nivel, xogadores profesionais, actividades, noites temáticas, competicións, piscina… e dos irmáns Erik e Sergi Quintela, así como de Fernán Varela, Adrián Chapela e Pablo Abuín.

Ademais haberá fiseoterapeuta, seguro e enfermería, e por suposto un servizo de bus entre Lugo e Mosteiro e viceversa.

O campus conta con tres modalidades, interno, externo King e externo. A interna ten aloxamento, 5 comidas, veladas nocturnas, adestramentos nocturnos e activación matinal e todo por un prezo de 430 euros; a externa King será en réxime de aloxamento, 5 comidas, veladas nocturnas, chegada ás 10.00 horas e saída ás 23.30 horas por un prezo de 330 euros; e por último o réxime externo que tan so son 3 comidas, a chegada é ás 10.00 horas e a saída ás 19.45 horas por 260 euros.

O campus terá descontos de 20 euros a irmáns, a socios do CB Breogán un 5%, e se se pertence ao un Club King como o Estudiantes de Lugo, CB Ensino, Cidade de Lugo ou Xuventude de Cambados tamén será un 5%.

Haberá agasallos como a equipación completa (camiseta y pantalón) máis cubre. Marca Wibo, un diploma de participación, un póster oficial Campus Kingtela e variados sorteos e moitas máis sorpresas.

Xa se poden realizar as inscricións na web www.kingtelabrothers.com.