Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Entrevista: “Estou moi agradecido ao Vilalbés porque me axudou na miña formación como persoa”

Por 15 Abril, 2021Abril 16th, 2021Sin comentarios

O presidente do Rácing Vilalbés, que anunciou o pasado mes de febreiro que dimitiría a final de tempada, fala dos motivos que lle levaron a tomar a decisión e da falta de candidatos para ocupar o cargo.

No ano 2013 Francisco Ruiz Rey tomaba as rendas da presidencia do club deportivo Rácing Vilalbés trala saída de José Antonio Pita. Despois de oito anos ao cargo dos verdivermellos o pasado mes de febreiro a entidade deportiva chairega anunciou mediante un comunicado a decisión da dimisión da súa xunta directiva, formada tamén por Fernando Cillero, Jose Otero , Juan Vázquez Carreiras, Pablo Vivero e Carlos Vázquez. Ruiz, que leva ligado ao club dende os quince anos, pasando polos papeis de xogador, adestrador e directivo ata chegar á presidencia, define o seu paso pola cabeceira como algo crucial na súa vida, cheo de paixón e sentimentos. Polo momento, segue sen haber candidaturas para celebrar eleccións, pero Ruiz confía en que alguén xunte as gañas suficientes para facerse cargo.

Como foi dar o paso cara á presidencia hai oito anos?

Foi no ano 2013 no que comecei como presidente, pero levo no Vilalbés dende os 15 anos primeiro estiven como xogador e despois formando parte de varias directivas en outros cargos, os últimos oito anos si que fun presidente, a directiva anterior deixouno e pasou algo parecido a o que esta pasando agora, non había directiva e animeime sobre todo porque eu estou moi agradecido ao Vilalbés porque me axudou a miña formación como persoa, cría que era unha maneira de devolverllo.

Agora, cal é o balance de todo este tempo no cargo?

Eu creo que o balance en xeral é positivo porque sobre todo cando unha xunta directiva fai todo o que pode para lograr o obxectivo ten que ser positivo, eu creo que eu non son o que ten que valorar estes oito anos, os números e os resultados están aí, o que realmente si poido dicir e que eu e a miña xunta directiva fixemos todo o que puidemos sempre pensando o que era o mellor para o Vilalbés. Eu creo que o ser presidente do Vilalbés é como si fixeras un máster en tema deportivo, en tema social e en coñecemento do pobo. Un máster rápido e un máster autodidacta case.

Se o tes que definir en tres palabras?

Crucial, pasional e sentimental, onde pasei momentos dos difíciles e dos bos, un motivo de sufrimento pero de moitas moitas satisfaccións.

Cales son os motivos de que a xunta dimita?

Os motivos son moi sinxelos é algo no que eu levo dous ou tres anos con gañas de deixalo, este é o meu oitavo ano e é moito tempo, un cargo de presidente é unha cousa que require moita dedicación e traballo. Hai tres anos tomei a decisión pero non había ninguén que collera o club e decidiuse en asemblea que seguira como presidente un ano mais. O ano seguinte volveu pasar o mesmo e no 2020 xa tiña decidido deixalo outra vez e coincidiu o inicio da pandemia, esta decisión soe tomarse no mes de abril e maio, estabámolo decidindo, pero non nos parecía o momento oportuno para deixalo polas circunstancias. Unha vez que mais ou menos se estabilizou a pandemia, que xa sabemos mais ou menos en que terreo de xogo estamos, decidimos que era o momento de deixalo definitivamente. A decisión que esta tomada desde hai tempo, non se deron as circunstancias para deixalo pero agora é así.

Implicase o pobo e preocupase polo club?

Eu estoume dando conta agora ao final que realmente se preocupa mais xente polo club da que pode parecer.  Agora a xente non para de preguntar se apareceu presidente, o Vilalbés é unha institución dentro de Vilalba, ten 90 anos de historia e a xente esta preocupada. Ao mellor cando estas no medio do mandato non te das conta e eu agora si que me dou conta de que a xente se preocupa do que lle vai pasar o club. Preocupase do seu futuro iso é bo, demostra que a sociedade está viva.  Por un lado é bo, pero por outro lado non está sendo bo que aínda non aparezan novos candidatos.

Seguen sen aparecer candidatos como se explicou no derradeiro comunicado?

Si, a situación é esa. Empezamos este proceso con tempo porque sospeitabamos que ía a pasar isto. Anunciabamos que seria o remate esta tempada que remata o 30 de xuño e confiamos en que antes de esa data apareza unha nova directiva, sobre todo porque sería importante que aparecera antes para que puidera convivir se eles o ven oportuno os últimos meses con nosoutros para saber o funcionamento do club. Temos esperanza de que apareza alguén. Nós o que fixemos dende a anterior asemblea foi iniciar os contactos e as consultas cos organismos que están por encima do club, que son co Concello, coa Federación, coa Xunta… para consultarlle o que pasaría si non aparece unha nova directiva, foi o que fixemos e o que presentaremos na próxima asemblea, que será tralo próximo partido que xogue o primeiro equipo na casa.

No caso de que non aparecera ninguén, podería facerse cargo algunha institución?

Nunca se deu a circunstancia de que tivera que facerse cargo unha institución do club,  a min persoalmente non me parecería o ideal, os clubs teñen que ser organismos independentes. Se chegado o momento, como mediada drástica quizás seria unha opción, pero non o vexo como unha opción persoalmente boa, non por nada senón porque as asociacións deportivas teñen que ser privadas, teñen que ter a colaboración do Concello, pero se tódolos Concellos tiveran que facerse cargo dos clubs, sería inviable. 

En que situación deixades ao Rácing Vilalbés?

Nos creemos que vamos a deixar o club ben deportivamente. No primeiro equipo, a permanencia na terceira división esta asegurada, na Liga Nacional e nas Galegas tamén. Deportivamente vámolo deixar encamiñado, os resultados que aínda que sexan de aquí a final de tempada os que sexan, como mínimo seguirán tódolos equipos nas mesmas categorías. Un pobo como Vilalba as categorías deportivas que tempos parecen un éxito. A estrutura do club é moi aceptable, se comparas os datos de poboación de Vilalba co o número de equipos, as ligas nas que militan e as súas clasificacións, non coñezo moitos clubs co mesmo rango de poboación que teñan os nosos datos, que están aí. De feito en Lugo, o único club non profesional que ten a base nas categorías que a temos somos nos. Economicamente, se as circunstancias non se torcen, quedará sen débedas malia a complicadísima época que estamos a pasar.

Como foi recibida a noticia pola xente do club?

O primeiro que intentamos transmitir aos xogadores e aos técnicos foi a tranquilidade necesaria de que nós estaremos hasta o remate de tempada, iso fixémolo antes de anunciar a decisión ao público. O que non debe nin é bo é que renda o medo e o nerviosismo por un proceso electoral. Nos iniciamos este proceso, pero o club esta temporada ten todo perfectamente controlado e no seu sitio. Despois, como reaccionaron? Dicíanme que íaa vas seguir outro ano máis, pero agora xa ven que é verdade que non vou a seguir, pero que non pasa absolutamente nada. 

Seguirás vinculado de algún xeito ao club?

Eu vou seguir vinculado toda a miña vida ao club, xa o levo estando dunha maneira ou de outra sempre. Agora poñereime á disposición da nova directiva, pero desde fóra. Gustaríame agradecer a tódalas persoas que me axudaron, tanto colaboradores, coma socios, exdirectivos, patrocinadores, institucións… sen a súa axuda o Rácing non podería ser o que é. E tamén, claro está, pedir desculpas á xente que se puido ver prexudicada coas miñas decisións. Todas foron tomadas pensando sempre no mellor para o club.

Que ten que ter esa nova directiva?

Gañas de traballar, é o único requisito que fai falta para isto. Nosoutros cando empezábamos non tiñamos outra cousa, gañas de traballar. Á nova directiva pasaralle o mesmo que a nosoutros, aceptará nunhas cousas e equivocarase noutras, pero o requisito e ter gañas de traballar e ter cariño ao club.

Fai pouco o Deportivo fíxote unha homenaxe, como o recibiches?

Moi de sorpresa, enganáronme, ía eu a darlle un detalle a Vilares, fun completamente enganado. Sentín moito agradecemento, sempre che gusta que che recoñezan o teu traballo. Eu ao Deportivo como presidente do Rácing Vilalbés solo teño palabras de agradecemento, a colaboración co club en tódolos aspectos sempre foi extraordinaria, e o agradecemento acollino con moito agarimo.