Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos volven subir na provincia lixeiramente

Por 6 Abril, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia rompe hoxe coa súa tendencia á baixa e suma 6 casos máis ata chegar a 139. Na xornada anterior o descenso foi de 1 positivo.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 9). Ademais, as altas chegaron ás 11.743, 6 en 24 horas, o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.099 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. A UCI do Hula volve ter 3 ingresado, un máis que onte, mentres en planta son 8 os enfermos (1 menos), 5 no hospital de Lugo e 3 en Monforte. Burela volve quedar libre do virus.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis. Quedan só tres concellos en alerta alta e o resto en baixa:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao, Rábade e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Sen gromos importantes, varios concellos deixan de estar limpos tras varias semanas como Cervo e O Corgo, mentres outros como Sarria melloran a súa situación.

No sur A Pobra do Brollón está en valores moi elevados e Láncara ten a incidencia preto da alerta.

A Mariña

  • Incidencia leve en Cervo (que deixa de estar libre de virus tras varias semanas) Viveiro, Burela, Foz e Barreiros.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Xove.
  • Na última semana tampouco tiveron Riotorto e dende hoxe Ribadeo.

Terra Chá

  • Rábade continúa en situación de alerta alta pero por debaixo dos dez casos e sen novos contaxios na última semana.
  • Con incidencia leve están Vilalba, Meira, Friol, Guitiriz e Xermade, así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos.
  • Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
  • Begonte e Cospeito están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

  • Lugo chega a 43 casos, 2 máis.
  • Con incidencia leve está Becerreá e O Corgo, que deixa de estar limpo de covid.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, Monterroso e Castroverde.
  • Sen casos os últimos 7 está Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Paradela e Samos sen casos novos na última semana. Únese Sarria.
  • Láncara mantén unha  incidencia elevada con valores de alerta media.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.

Ribeira Sacra

  • O Saviñao, en alerta alta, reduce a súa incidencia, e segue por debaixo dos 10 casos.
  • A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue cunha incidencia moi elevada e 10 casos.
  • Con incidencia baixa están tamén Monforte e Sober.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
  • Sen casos nos últimos sete días están Pantón, Quiroga, Bóveda e Chantada