Skip to main content
Foz

O Concello de Foz renovou a área recreativa de Malates

Por 21 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz vén de informar dos traballos de mellora feitos durante estas últimas semanas, e que engloban os acondicionamentos de camiños e de estradas.

Algúns dos traballos foron a renovación de mesas e bancos na área recreativa de Malates do antigo vertedoiro, o bacheo e desbroces de camiños en San Martiño na Xunqueira e Ferreiravella, a mellora de accesibilidade coa ampliación de beirarrúa e rebaixe para paso de peóns en Rego de Foz.

Tamén fíxose a apertura de cunetas e mellora do firme no camiño de Rego da Fraga en Fazouro, o mantemento de xardíns da Capela do Carmen en San Martiño, Vilaronte, Cordido, e a urbanización das Torres, Vilachá en Cangas, Concepción Arenal e Gardería.