Skip to main content
Lourenzá

O Concello de Lourenzá mellorará a cuberta da nave principal do recinto feiral

Por 28 Maio, 2021Maio 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Lourenzá vai mellorar a cuberta da nave principal do recinto feiral. Así, os traballos consistirán na sustitución da cuberta actual de fibrocemento por outra cuberta nova de panel de sandwich.

A obra financiase dentro do programa de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais, cofinanciados co FEADER e a Conselleria de Medio Rural. O importe das obras ascende a 47.700 euros.