Skip to main content
Mondoñedo

Os populares de Mondoñedo expresan a súa preocupación polo estado da N-634

Por 2 Maio, 2021Sin comentarios

Os populares de Mondoñedo expresan o seu preocupación polo mal estado da N-634. Así o abordaron na reunión de traballo que mantivo o Grupo Municipal coa presidenta provincial, Elena Candia, sendo este un dos temas principais que se expuxo na xuntanza. E é que esta vía é a comunicación complementaria á A-8 cando esta está pechada.

“Mondoñedo merece un adecentamento desa vía con mellores accesos pero tamén por seguridade”, afirmou Candia. Dun xeito máis preciso, indicou que os accesos seguen sen iluminación e o firme está moi deteriorado. É, por este motivo, polo que expuxo a importancia de acometer obras de mellora neste vial que é moi transitado cada vez que a Autovía cerra o seu paso a vehículos e porque, apuntaron, “o verán está cada vez máis próximo, polo que o recomendable sería xa ter iniciadas as obras”. Ademais, lembrou que o Executivo estatal xa tiña iniciado o expediente en 2017. 

Fondos europeos

Os populares tamén fixeron balanzo da xestión do goberno local que, “de forma seria e responsable”, está centrada en seguir ofrecéndolles aos veciños os mellores servizos. A este respecto, informaron de que están a traballar para a consecución de fondos europeos co fin de levar a cabo melloras en vías municipais e espazos públicos por valor de máis de 2,6 millóns de euros. 

Os proxectos presentados á convocatoria do ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana foron os seguintes: urbanización das rúas Peña de Franca, Febreiro, Bispo Sarmiento, Xulia Pardo Montenegro e parte da de Rocha de Velez, e Álvaro Cunqueiro; ampliación do camiño de A Valada-Mondoñedo-Lugo, das rúas Os Castros e Rocha Velez; acondicionamento do antigo cemiterio; estabilización do muro de contención de terra da residencia de maiores San Rafael; e creación de vivendas tuteladas dentro de dito centro. “Tamén estamos cooperando con empresas agroalimentarias”, concluíu.