Skip to main content
Axenda Caducada

Xornada viaxeira en Navia o vindeiro sábado

Por 18 Maio, 2021Maio 22nd, 2021Sin comentarios

Navia de Suarna acolle un evento que se realizará o vindeiro sábado 22 de maio e que se atopa no programa de actividades de reserva da biosfera.

Así pois, a actividade Navia en Primavera realizarase de 11 a 18 horas. Trátase dunha xornada viaxeira que se levará a cabo grazas á colaboración de A.V. Irmandade Naviega e Guido Álvarez, que servirá como guía turístico. Pola mañá realizarase un paseo fluvial de percorrido circular e rematarase a mediodía. O xantar será na área recreativa do Alargo e, no turno de tarde, tocará visitar e descubrir os recunchos singulares da vila.

A actividade é gratuíta e o aforo é limitado. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 664 33 34 96.