Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Sober lanza un sorteo de produtos locais

Por 20 Maio, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober supera os 9.000 seguidores na súa páxina oficial de Facebook e para agradecer a súa fidelidade promove un sorteo que ten como agasallo diferentes produtos locais.

Para participar tan só hai que darlle a gústame ao post no que se anuncia o sorteo, publicado onte mesmo. Tamén se pode seguir a páxina, se aínda non se é seguidor, e etiquetar a outras persoas para que tamén poidan participar. Unha maneira máis de chegar a novos usuarios.

Os interesados e interesadas poden participar ata o 31 de maio ás 20:00 horas, momento no que se levará a cabo o sorteo para coñecer aos gañadores.

Para agradecer o seguimento nesta rede social o Goberno local agasallará aos gañadores cun lote de botellas de viño de Amandi, un tarro de mel e un xerro de Gundivós. Haberá, polo tanto, tres gañadores.

O Concello de Sober leva anos apostando pola presenza nas redes sociais, coa apertura de contas oficias en Facebook, Twitter e Instagram, que actualiza de xeito constante todos os días do ano.

Escaparate turístico

As contas oficiais do Concello, ademais de proporcionar información de interese sobre o municipio, avisos, obras, prazos de axudas, etc, tamén se teñen convertido nun escaparate turístico da Ribeira Sacra co que reforzar a candidatura a Patrimonio Mundial ante a Unesco.