Skip to main content
Axenda Caducada

Un ano máis Cervo súmase ao proxecto 1m2 contra a basuraleza

Por 26 Maio, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá 1m2 contra a basuraleza.

Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do Proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espacios naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.

Esta actividades será o sábado 12 de xuño na praia de Rueta ás 12.00 horas e farase unha limpeza da praia e da contorna do río Xunco ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais.

Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte a COVID-19

Para participar é necesario anotarse no correo medioambiente@concellodecervo.com ou chamando ao 615 521 390.