Skip to main content
Monforte

Obras de renovación no Mercado de Abastos de Monforte

Por 9 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte informa que a partir deste luns día 10 de maio, levaranse a cabo as obras de renovación da cuberta do edificio do Mercado Municipal de Abastos, situado na Praza de Abastos monfortina.

Ditas obras estímase que terán unha duración de aproximadamente un mes e medio, e para a súa execución, requiren a montaxe, no perímetro de dito edificio, dun andamio de obra.

Por este motivo, faise necesario suprimir o estacionamento no tramo da rúa Bailén que corresponde coa fachada norte da Praza de Abastos para instalar dita estrutura e manter a circulación de vehículos na forma actual, a cal non se verá afectada.

Dende o Concello queren agradecer a comprensión dos veciños, praceiros e condutores.