Skip to main content
O Saviñao

Seguen as actuacións de mellora das estradas do Saviñao

Por 30 Maio, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, achegouse a comprobar o desenvolvemento dos traballos de aglomerado en quente no acceso a Cuñas, na parroquia da Cova.

Esta actuación forma parte do plan de asfaltado que está a levar a cabo o Concello en distintas vías municipais e que inclúe tamén o desbroce das marxes e a limpeza de cunetas.

Con estas actuacións, o goberno local continúa a desenvolver proxectos de mellora das infraestruturas de titularidade municipal para dotar de máis e mellores servizos públicos aos veciños e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

Neste caso, trátase de actuacións nas vías de comunicación do municipio que permitirán mellorar a seguridade viaria dos seus usuarios. O plan comezara a pasada semana con dúas actuacións na estrada que une A Reguenga coa Senra, na parroquia de Mourelos, que comunica distintos núcleos do municipio; e os accesos a Vilar, na parroquia de Marrube.